Novos Produtores somos un local destinado ao comercio de produtos de proximidade, ofrecendo alimentos frescos e envasados proporcionados por proveedores locais de toda Galicia.
Non somos só unha tenda de alimentación, somos un proxecto que busca ofrecer produtos de calidade, fomentar as relacións dentro da comunidade e favorecer a diversidade comercial do barrio.
Cremos na importancia de saber o que consumimos e de coñecer a quen está detrás de cada produto. Apostamos por unha forma de consumo máis consciente, que respecta o medio, dignifica o traballo do sector primario e pon en valor os recursos da nosa terra.
Novos Produtores naceu o 3 de decembro de 2023 no barrio de Os Maios, A Coruña. Esta iniciativa xurdiu grazas á determinación e ao espíritu emprendedor de Ana, a súa propietaria. Despois de varios anos traballando no sector da alimentación como empregada, Ana atopouse ante un desafío inesperado: o peche da tenda na que traballaba. Este evento foi o catalizador que a impulsou á aventura de abrir o seu propio negocio.
Durante o seu tempo no comercio anterior Ana adquiriu a experiencia e coñecemento vital para xestionar o seu propio proxecto. Decidida a crear un espazo que reflictise a súa visión, Ana dedicou varios meses a buscar o local ideal e a reacondicionalo para adaptalo ás súas necesidades.
Finalmente, despois de moito esforzo, Ana abriu as portas de Novos Produtores. A inauguración foi un éxito recibindo unha cálida benvida por parte dos veciños do barrio de Os Maios. Moitos deles xa coñecían a Ana polo seu traballo anterior e non dubidaron en mostrarlle o seu apoio e aprecio.