Os produtos de proximidade son aqueles que se cultivan, elaboran ou producen preto do lugar onde se venden e consomen, normalmente dentro da mesma rexión ou territorio. Caracterízanse pola súa frescura, calidade e trazabilidade, xa que percorren poucos quilómetros dende a orixe ata o prato.
Este tipo de produto permite reducir a pegada ecolóxica, promover a economía local e manter viva a agricultura e a artesanía tradicional. Ademais, fomentan unha relación máis directa entre produtoras e consumidoras, baseada na confianza, no coñecemento mutuo e no respecto polo territorio e o medio ambiente.
Consumir produtos de proximidade apoia a economía local, fortalece o rural e promove unha alimentación máis saudable, sostible e respectuosa co territorio.